MONSTRUADAS
FOTOGRAFÍAS
INICIO
COMPAÑÍA
OBRAS EN CARTEL
TÓDALAS OBRAS
CONTRATACIÓN
FICHA TÉCNICA :
Autor : Esteban Losada
Xénero : Comedia
Idioma : Galego e castelán
Público preferente : Infantil ( de 6 a 11 anos)
Duración : 60 minutos
Tempo de montaxe/ desmontaxe : 4 horas/ 2 horas
Potencia eléctrica : 5 Kw / 380-220 v
Espacio escénico : Ancho : 3 m,  fondo  : 3 m,  alto : 3 m
Actores e técnicos: Manuela Varela, Sabela Amado e Esteban Losada.

POSTA EN ESCENA:
Espectáculo plagado de efectos especiais e levado a cabo con títeres de luva e obxectos.

SINOPSE:
Ring, ring, ring.
Ó abri-la porta Mingos Muíños atópase cunha agradable sorpresa: Ó seu pai envíalle un libro desde Nova Iorque, "O terrorífico Hollywood" é o seu título. Pero non todas son boas novas, ó seu proxenitor  tardará aínda dous meses en regresar.
A súa nai comeza a lerlle o libro pero asustada polas  arrepiantes historias protagonizadas por monstros decide que o máis axeitado é gardalo no máis alto do andel ata que Mingos teña más idade.
Unha vez que  Amadora e ó seu fillo abandonan o cuarto, o libro ilumínase  parece cobrar vida e del xorden  un tras outro os famosos monstros das películas, Drácula, A Momia, Frankestein e unha pantasma de saba. Logo de maldecir ós productores dos estudios cos botaron de Hollywood por non ser rendibeis, deciden rodar unha película en Galicia e con ela relanza-la súa carreira e recupera-lo seu prestixio. Mais...
¡Non todo o mundo pensa así! Os montros autóctonos: O Tronante, A Estadea, O Mouro e O Coco, aldraxados, deciden impedilo...